Dispáranse en Viveiro os casos novos en 14 días, 148, nas horas previas ao cribado masivo deste domingo

En Xove documéntanse 107 positivos (+4) e en Burela 45 (+4) nas últimas dúas semanas; o Hospital da Mariña atende doce pacientes con Covid-19

Rúa de Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 751, 52 máis ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 71 positivos novos por PCR.

Das 751 persoas contaxiadas, 22 permanecen ingresadas (catro máis). O Hospital da Mariña atende doce pacientes con Covid-19 (un máis), por sete o HULA -dous máis, entre eles os dous da área sanitaria que requiren de coidados intensivos- e tres o centro hospitalario de Monforte (un máis).

No histórico da provincia documéntanse 147 falecementos, 6.773 altas e 7.673 casos acumulados. Fixéronse 132.730 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 899 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro confirmáronse 148 positivos novos nas últimas dúas semanas, 37 máis ca na anterior actualización. En Xove detectáronse 107 nese mesmo prazo, catro máis. Estes dous concellos permanecen pechados perimetralmente.

En Burela seguen a aumentar os contaxios localizados nos últimos 14 días; o Sergas comunica este domingo un total de 45, catro máis ca onte. Ribadeo (con 22) e Cervo (con 18, catro máis) son os outros municipios da Mariña por riba das dez infeccións novas no mesmo período. Barreiros e Lourenzá son os concellos da comarca libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

1 Residencia de Maiores de Burela

14 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

25 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

3 Residencia de Burela

1 Residencia de Foz

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residenciade Trabada (a Deputación concretou que se trata dun falso positivo)

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here