Dispáranse os positivos en Viveiro e Xove, que acumulan xuntos case 340 casos novos nos últimos 14 días

A presión asistencial por Covid-19 mantense no Hospital Público da Mariña, con 14 pacientes

Rúa deserta de Viveiro. MARCO LÓPEZ

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 945, 55 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 97 casos novos por PCR.

Dos 945 contaxiados, 34 permanecen ingresados (dous máis ca onte). O Hospital da Mariña atende 14 pacientes con Covid-19 (sen variacións), por 15 o HULA -dous máis, entre eles os tres da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e cinco o centro hospitalario de Monforte (sen variacións).

No histórico da provincia documéntanse 150 falecementos, 6.881 altas e 7.980 contaxios acumulados. Fixéronse 137.147 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.130 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro confirmáronse 226  positivos novos (+33) en 14 días, mentres que en Xove repuntan de novo, dos 82 aos 113. Estes municipios aplicarán as restricións máis severas decretadas pola Xunta de Galicia.

En Burela detectáronse 52 contaxios nas últimas dúas semanas, sen variacións, por 19 en Ribadeo (tres menos) e 18 en Cervo (sen variacións). O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove casos localizados nese mesmo prazo, agás Lourenzá, o único concello da comarca libre de Covid-19.

Le a información completa sobre a comunidade no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here