A Mariña ficará en alerta laranxa desde a tarde do martes á do mércores

Aemet prognostica ventos de forza 8 con ondas de ata cinco e seis metros desde as 20.00 horas do día 6

A alerta laranxa activarase en todo o litoral galego. AXM

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou de que este martes activará a alerta laranxa por un temporal costeiro que afectará a todo o litoral galego.

En concreto, o fenómeno meteorolóxico caracterizarase por vento do Suroeste, de forza 8 a intervalos.

Na Mariña, a previsión é que as consecuencias do temporal podan comezar a sentirse a partir das 20.00 horas do día 6.

Agárdase mar combinada do Oeste, con ondas de 5 a 6 metros. A alerta laranxa ficará activa ata a tarde do mércores 7.

A Coruña e Pontevedra notarán antes os efectos do temporal, desde as 14.00 horas na provincia coruñesa e desde as 16.00 na pontevedresa. Por iso, a alerta laranxa finalizará tamén con anterioridade, nas últimas horas da tarde do día 6.

LONXE DA LIÑA DE COSTA

Na tarde deste luns, fica activada na bisbarra a alerta amarela por forte vento e choivas.

O Goberno lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa neste tipo de situacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here