IniciosociedadeO Breogán locirá Sargadelos na súa camisola para a final da Copa...

O Breogán locirá Sargadelos na súa camisola para a final da Copa Princesa

O club de baloncesto lucense homenaxeará a "memoria cultural e empresarial de Galicia" xogando na final da competición copeira co emblemático deseño Monférico da marca

Publicada o

- Advertisement -

O Breogán de Lugo levará un pedazo da Mariña na camisola oficial coa que competirá na final da Copa Princesa, unha zamarra que será todo un recoñecemento a Sargadelos.

“Unha homenaxe á historia do noso baloncesto e á memoria cultural e empresarial de Galicia”. Así presentou o equipo de baloncesto a camisola, na que loce o trisquel escollido como logo da marca e tamén o emblemático deseño ‘Monférico‘ de Sargadelos.

O Leite Río Breogán quitou unha edición limitada desta prenda, con cen unidades á venda a un prezo de 50 euros.

Camisola do Breogán con motivos de Sargadelos. BREOGÁN

A final da Copa Princesa, entre o Breogán e o Alicante, xogarase o venres 22 ás 19.30 horas, no Pazo dos Deportes de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...