IniciosociedadeTres novas mortes pola covid nas residencias da Mariña

Tres novas mortes pola covid nas residencias da Mariña

Trátase de dúas mulleres que estaban na residencia de Xove outra no asilo de Ribadeo.

Publicada o

Outras 14 vítimas mortais pola covid-19 elevan o número de mortos en Galicia a 1.550, nun día no que Lugo, xunto coa Coruña, son as provincias máis afectada, con seis falecidos. Ademais, a maior parte dos mortos, oito, eran usuarios de residencias de anciáns.
Precisamente foi na provincia de Lugo onde a covid se cebou, especialmente, con estes centros de maiores, con cinco falecidos; dúas mulleres de 95 no HULA, que procedían da residencia da Pastoriza, outra de 95 anos na residencia integrada CEGADI que tamén procedía da residencia A Pastoriza, dúas mulleres de 90 e 85 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e outra muller de 78 anos na residencia Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo. Finalmente, tamén morreu outra muller de 84 anos no Hospital Comarcal de Monforte.
A Consellería de Sanidade tamén informou de seis falecidos na provincia da Coruña, tres deles tamén de residencias de anciáns; unha muller de 91 anos na residencia DomusVI de Carballo e dúas mulleres de 87 e 94 anos da Residencia de maiores de Ribeira.  Tamén faleceu unha muller de de 85 anos no CHUAC da Coruña, un home de 72 no CHUF de Ferrol e un home de 75 no CHUS de Santiago.
Finalmente, na área de Vigo tamén se reportaron dous mortes. Trátase dun home de 62 anos no CHUVI e unha muller de 85 anos en POVISA.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...