O director asistencial da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Rafael Monte, recoñeceu que “é moi probable que se manteña un número moi elevado de casos novos” de Covid-19 durante “dúas ou tres semanas máis” e unha “porcentaxe significativa” das persoas infectadas terán que ingresar nos hospitais da provincia.
OITO PACIENTES EN UCI
EVITAR GROMOS NOS HOSPITAIS
Por outra banda, afirmou que “neste momento, máis que nunca, vendo como está a aumentar a incidencia na poboación, é absolutamente capital atender ás recomendacións en relación aos acompañamentos dentro dos hospitais. Debemos de impedir custe o que custe que se produzan gromos de coronavirus nos hospitais que veñan importados por familiares ou acompañantes”.
A previsión con respecto ao que pode suceder nas próximas semanas, á espera de que se noten as restricións decretadas pola Consellería de Sanidade, aséntase no “aumento sostido no número de casos e na incidencia acumulada” que se vive desde hai días na área sanitaria.
Monte precisou que nos “últimos días” se produciu “un aumento constante de casos” que “afecta os tres distritos” da área sanitaria, especialmente á comarca da Mariña. En canto ás medidas adicionais, lembrou que se están reforzando os cribados poboacionais en lugares cunha incidencia elevada e esta semana vaise realizar un en Vilalba.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.