IniciosociedadeEducación suspende as actividades no exterior dos colexios polo temporal

Educación suspende as actividades no exterior dos colexios polo temporal

Malia a alerta laranxa de todo o litoral, a Xunta mantén a actividade lectiva e o transporte escolar

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión Escolar de Alertas tomou na mañá do martes a decisión de suspender, desde as 12.00 horas, as actividades no exterior dos centros educativos da Mariña Lucense e tamén do litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Os colexios da bisbarra manterán, con todo, a actividade lectiva e o transporte escolar en todos os centros educativos.

No caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, lembra a Xunta de Galicia, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

VENTOS DE FORZA 8

A Mariña ficará desde as 20.00 horas deste martes en alerta laranxa, segundo espuxo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

O prognóstico inclúe ventos de forza 8 e ondas de cinco e seis metros de altura. A alerta laranxa manterase ata a tarde do mércores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...