IniciosociedadeUn novo positivo obriga a pechar as oficinas do Concello de Barreiros

Un novo positivo obriga a pechar as oficinas do Concello de Barreiros

Os traballadores, en corentena, están a realizar teletraballo e unha persoa atende desde o consistorio asuntos de urxencia; o resto dos resultados do cribado foi negativo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O cribado ao que foron sometidos os funcionarios que estiveron en contacto coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, despois de que a rexedora dese positivo por coronavirus, permitiu detectar un novo caso de covid-19 no consistorio, o que levou ao goberno local a tomar a decisión de pechar “as oficinas municipais”.

“Todos os demais deron negativo”, explicou a alcaldesa a EFE, pero están “en corentena“, realizando “teletraballo” desde casa, para sacar adiante “con axuda do teléfono e o ordenador” o día a día da xestión municipal.

Unha persoa, que por estar de vacacións nesas datas non estivo en contacto nin co traballador que deu positivo nin coa alcaldesa, realiza atención telefónica desde o Concello, para atender “a casos de urxencia“.

Está previsto, explicou Ermida, que o Sergas faga un novo cribado entre os contactos do funcionario que deu positivo, para cortar calquera posible cadea de transmisión.

En canto á súa situación persoal, a rexedora explicou que ten “un pouco do tos e está algo cargada”, pero non experimentou síntomas de carácter “grave”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...