IniciosociedadeViveiro segue por riba dos 260 casos de Covid-19 en 14 días...

Viveiro segue por riba dos 260 casos de Covid-19 en 14 días e Xove roza os 90, mentres Burela supera os 50

No Vicedo continúa o aumento dos contaxios, 28 nos últimos 14 días; o Hospital Público da Mariña atende 16 pacientes Covid-19 e a UCI do HULA dez doentes contaxiados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.449, 88 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 151 positivos novos por PCR.

Dos 1.449 contaxiados, 36 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende 16 pacientes con Covid-19, por 18 o HULA -entre eles os dez da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e dous o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documentáronse 158 defuncións, 7.256 altas e 8.871 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 145.979 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 1.616 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiroonde a Xunta está a aplicar as máis altas restricións de Galicia– confirmáronse 263 positivos novos nas últimas dúas semanas (catro menos ca onte), mentres que en Xove localizáronse 89 casos (un máis) nese mesmo período. No Vicedo continúa o aumento, con 28 contaxios polos 27 de onte e os 21 do mércores; o vindeiro domingo realizarase un cribado masivo a asintomáticos. O concello de Cervo mantense en 23 veciños infectados.

No que atinxe a Burela, aumenta tamén significativamente o número de casos detectados nos últimos 14 días, dos 45 comunicados onte aos 51 de hoxe. Todos os municipios citados permanecen pechados perimetralmente.

En Foz confirmáronse doce positivos nese mesmo prazo e en Ribadeo 22. O resto dos municipios da Mariña están por debaixo dos dez contaxios, sendo Trabada o único libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES (positivos)

15 Residencia da Pastoriza e apartamentos

2 Residencia de Maiores de Burela

1 Residencia O Incio

7 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

10 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

23 Residencia da Pastoriza

4 Domusvi Chantada

1 Residencia de Monforte de Lemos

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia de Trabada

1 Residencia Domusvi Viveiro

10 Residencia San Bartolomeu (Xove)

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

VIVEIRO E.I Municipal Viveiro 3 0 1

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1 0 0

BURELA CEIP Plurilingüe Virxe do Carme 2 0 0
BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 1 0 0
BURELA IES Monte Castelo 3 0 0

CERVO CEIP Península da Paz 1 0 0
CERVO IES Marqués de Sargadelos 4 0 0

FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0
FOZ IES de Foz 2 0 0

O VICEDO CEIP do Vicedo 3 0 0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0

RIOTORTO CEIP Plurilingüe de Riotorto 1 0 0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 6 0 0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe Santa Rita 2 0 0
VIVEIRO CEP Luís Tobío 3 0 0
VIVEIRO CMUS Profesional de Viveiro 1 0 0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 6 0 0 (un máis)
VIVEIRO EEI San Roque 4 0 0
VIVEIRO EOI de Viveiro Luz Pozo Garza 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 14 0 0 (un máis)
VIVEIRO IES Vilar Ponte 10 0 0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 1 0 0
XOVE IES Illa de Sarón 3 0 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...