IniciosociedadeO PP do Valadouro culpa ao Concello de que os trámites para...

O PP do Valadouro culpa ao Concello de que os trámites para o polígono “non avanzan”

Os populares critican que goberno local "aínda non ten nada feito" para o parque industrial pois "non solicitou o seu cambio de ubicación"

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro municipal do Valadouro, José Manuel Lamela, criticou que “despois de oito anos prometendo o polígono, o goberno local aínda non ten nada feito” para o parque industrial pois “non solicitou o seu cambio de ubicación”.

Lamela subliña que “primeiro é preciso solicitar formalmente ante o IGVS o cambio de emprazamento que o propio goberno local propuxo”, para que sexa recollido polo plan de sectorización do parque empresarial do Valadouro e, “unha vez aprobada a substitución da localización no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, poderase tramitar a modificación das normas subsidiarias e complementarias de planeamento do Concello para clasificar a nova zona como solo apto para urbanizar de uso industrial”.

O voceiro dos populares no Valadouro incide en que “o PSOE mentiu no seu último programa electoral onde sinalaba que fora aprobada a modificación puntual das normas urbanísticas en decembro do 2018. Non é certo porque primeiro é necesario tramitar o cambio da área delimitada pola creación dun emprazamento diferente ante o IGVS para cumprir co que establece o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia”, argumentou.

Lamela expón que “o plan de sectorización do parque empresarial foi aprobado inicialmente no 2009, na etapa do anterior goberno que deixou encamiñada a tramitación de cara á construción do polígono”. Os socialistas propuxeron unha nova ubicación pouco despois de chegar ao goberno e “os trámites non avanzan; senón que teñen que volver para atrás. Iso a pesar de que o Concello comprou os terreos novos que incluso apoiamos dende o grupo municipal popular co obxectivo favorecer a implantación de solo industrial no noso concello”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...