IniciosociedadeAlertan sobre a "saúde mental" dos sanitarios das Ucis lucenses, que atenden...

Alertan sobre a “saúde mental” dos sanitarios das Ucis lucenses, que atenden máis pacientes ca en abril

A día de hoxe hai 15 pacientes en coidados intensivos en Lugo (14) e Burela (1), cando no primeiro da Covid-19 os hospitais lucenses coidaron dun máximo de 14

Publicada o

- Advertisement -

médico da UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e ex xerente do antigo hospital Xeral-Calde, Miguel Ángel Fernández, asegurou este xoves que o servizo no hospital aguanta “moita presión asistencial” por mor de pacientes Covid, polo que apela á “responsabilidade individual” para frear os contaxios.

A día de hoxe hai 15 pacientes de coronavirus nas Unidades de Coidados Intensivos da área lucense, un en Burela e 14 en Lugo -que está a atender tamén a doentes da Mariña nesta nova onda da Covid-19, cando no peor da pandemia o máximo de pacientes foi de 14.

“Estamos como está toda Galicia, con moita presión asistencial (na UCI). Nestes momentos temos 15 pacientes Covid. Ademais segue habendo pacientes non Covid que requiren coidados críticos e estamos nunha situación moi apurada. Nunhas cidades máis e noutro menos, pero Lugo está moito peor de presión que nas dúas ondas previas“, constatou.

O ex xerente hospitalario insistiu en que están “peor que en marzo porque desde marzo baixaron as actividades e as consultas e houbo menos presión asistencial”. “Co confinamento veu menos xente e na primeira onda o pico máis alto foi de doce. Ademais hai que ter en conta que tivemos menos patoloxías porque moita xente non saía da casa. Agora a presión é claramente superior na UCI”, subliñou.

Outro aspecto sobre o que chamou a atención é a presión “psicolóxica” que sofren os profesionais de dita unidade despois de “dez meses traballando con enfermos Covid e cun pequeno lapsus de mes e medio durante o verán”.

Miguel Ángel Fernández destacou que “moitos profesionais prolongan as súas quendas catro ou sete horas, nun cubículo con pacientes moi críticos. Esa é unha sobrecarga física e psíquica que se vai notando co paso dos meses”.

RESPONSABILIDADE PARA CORTAR A CADEA

Finalmente apelou á “responsabilidade individual colectiva” para cortar as vías de transmisión. “Isto é unha cadea: a maior contacto social, máis contaxio; a máis contaxios, máis infección; a máis infección, máis ingresos hospitalarios; a máis ingresos hospitalarios, máis ingresos críticos e máis mortos”, advirte.

“Eu o que pido é unha responsabilidade individual colectiva para que rompamos ese primeiro elo da cadea”, concluíu este ucista do HULA.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...