O Sergas informa dun falecido por Covid no Hospital Comarcal da Mariña o sábado

Tiña 83 anos.

Zona de urxencias do Hospital da Mariña. AXM

A Coruña segue acumulando o maior número de mortos nesta terceira onda da pandemia. Das 14 vítimas comunicadas este domingo polo Sergas, nove eran desta provincia e faleceron no CHUS, no CHUF, no hospital e nunha residencia da Coruña.

E foi no Chuf de Ferrol onde máis vítimas se rexistraron esta fin de semana, catro o sábado; tres homes de 76, 70, e 96 anos e unha muller de 70. Tamén morreron dous homes de 86 e 74 no Hospital Comarcal do Salnés e unha muller de 71 o día 29 e outro home de 87 o día 30 no Chus de Santiago.

Por outra banda, o Sergas informou dunha muller de 89 anos falecida no CHUVI o venres 29, e dun home de 83 anos no Hospital Comarcal da Mariña o día 30. Tamén este día faleceu unha muller de 87 anos no CHUO e un home de 92 no CHOP. O día 31, outro home de 91 anos tamén no CHUO. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here