IniciosociedadeGalicia sofre o maior número de mortes pola covid

Galicia sofre o maior número de mortes pola covid

A Xunta comunica 40 falecidos, ningún na provincia de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

40 persoas mortas por covid. Este é o triste balance que acaba de facer público o Sergas no reconto de falecidos pola covid dos últimos días. Un número que supera xa o de maior mortos pola pandemia en Galicia que eran os 36 decesos de abril. Deste xeito, a cifra de falecidos ascende xa a 1.815 persoas.

Estes falecementos non se produciron todos neste luns, senón que son dos últimos catro días. Un reconto –o de días diferentes– que comeza a ser habitual por parte do Sergas. Todos os falecidos tiñan patoloxías previas e trece deles eran usuarios de residencias.

A Coruña segue sendo a provincia máis golpeada nesta terceira onda, con 27 dos 40 falecidos e logo Pontevedra, con nove. Este é o balance comunicado polo Sergas:

Día 29
Muller de 91 anos en CEGADI. Procedía da residencia San José de Arzúa.
Home de 83 anos no CHUS
Muller de 87 anos CHUVI.
Home de 75 anos no Hospital Quirón daCoruña.

Día 30
Home de 83 anos no CHUS.
Home de 90 anos no CHUS.
Home de 87 anos no CHUVI.
Muller de 65 anos no CHUAC.
Home de 80 anos no CHUAC
Home de 80 anos no CHUVI.
Muller de 78 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 78 anos na residencia DOMUSVI de Carballo (non está repetido o dato)
Muller de 84 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 93 anos na DOMUSVI de Bande

Día 31
Home de 74 anos no CHUS.
Home de 68 anos no CHOP
Muller de 70 anos no CHUS.
Home de 74 anos no CHUAC.
Home de 84 anos no CHUVI
Muller de 93 anos no CHUVI
Home de 89 anos no CHUAC
Home de 77 anos no CHUAC
Muller de 78 años no CHUAC.
Muller de 74 anos no CHUF
Home de 70 aos no CHUAC.
Home de 89 anos no CHUF
Muller de 46 anos na residencia para pesoas con discapacidade  Pai Menni de Betanzos.
Muller de 78 anos na DOMUSVI de Carballo.
Home de 85 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Home de 89 anos  no CHUF, Procedía da residencia O Casón de Moeche.
Muller de 93 anos en POVISA. Procedía da residencia Las Angélicas de Vigo.

Día 1
Muller de 92 anos no CHUS
Muller de 77 anos na residencia para pesoas con discapacidade  Pai Menni de Betanzos
Muller de 89 anos no CHUF. Procedía da  residencia DOMUSVI Laraxe de Cabanas.
Home de 63 anos no CHUF. Procedía da  residencia DOMUSVI Laraxe de Cabanas.
Home de 81 anos no CHOP.
Home de 84 anos no Hospital Comarcal de Verín.
Muller de 88 anos no CHOP.
Muller de 80 anos no Hospital de Verín. Procedía da Residencia de Vilardevós.
Home de 55 anos no CHUO.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...