Paula García Corral, do IES Vilar Ponte, acada o Premio Extraordinario da ESO

A alumna do centro viveirense obtivo a distinción ao rendemendo académico xunto con outros 19 estudantes

Acto de celebración dos 50 anos do IES Vilar Ponte. AXM

Paula García Corral, estudante do IES Vilar Ponte de Viveiro, obtivo o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico que concede a Xunta de Galicia.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional premiou a 20 alumnos e alumnas galegas con esta distinción, correspondente ao curso 2017-2018.

TRES GALARDÓNS NA PROVINCIA

García Corral foi unha das tres estudantes a nivel provincial que acadou o premio, valorado en 750 euros.

Eva Sanmartín Vázquez, do IES Santiago Basanta Silva (Vilalba) e Pedro Ferreiro Rega, do IES Lucus Augusti (Lugo) foron os outros premiados.

REQUISITOS

Os premiados obtiveron unha media das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9. Posteriormente, realizaron unha proba para optar aos mencionados premios.

FIGURARÁ NO EXPEDIENTE

Cada premio supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais da ESO.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here