IniciosociedadeAlivio da situación epidemiolóxica en Viveiro, Xove, O Vicedo e Burela

Alivio da situación epidemiolóxica en Viveiro, Xove, O Vicedo e Burela

O Hospital da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, dous deles en coidados intensivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 2.105, doce máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse outros 102 positivos novos por PCR.

Dos 2.105 contaxiados, 91 permanecen ingresados, 26 deles en coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, dous deles na unidade de críticos; o HULA coida de 60, 24 na Uci; o centro hospitalario de Monforte ten 20 positivos e o Polusa, un.

No histórico da provincia documéntanse 177 defuncións, 8.311 altas e 10.599 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 163.474 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.329 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, continúa a melloría en Viveiro, con 109 casos confirmados nos últimos 14 días (catro menos ca os comunicados onte), e en Xove, con 22 contaxios nese mesmo prazo (seis menos). No Vicedo tamén hai un respiro con 24 positivos nas últimas dúas semanas, sete menos; en Burela detectáronse 35 infeccións (-5).

En Cervo localizáronse doce casos (-1), en Foz dez (sen variacións), en Ribadeo 25 (-1) e en Riotorto once (igual). Nos restantes concellos da Mariña localízanse entre un e nove casos nas últimas dúas semanas, sendo Barreiros o único libre de Covid-19 segundo os datos da Xunta de Galicia.

RESIDENCIA

MAIORES

4 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia O Incio

2 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

71 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

10 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Maiores Burela

3 Domusvi Chantada

3 As Gándaras (Lugo)

1 Domusvi Monforte

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

2 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...