IniciosociedadeEstabilidade en Viveiro mentres Xove baixa da decena de positivos nas últimas...

Estabilidade en Viveiro mentres Xove baixa da decena de positivos nas últimas dúas semanas

O Hospital da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, un deles en coidados intensivos

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 1.514 casos activos de coronavirus na área sanitaria lucense; isto é, 127 menos ca na anterior actualización. Nas últimas 24 horas confirmáronse 71 positivos novos por PCR.

Dos 1.514 contaxiados, 97 permanecen ingresados (26 en coidados intensivos). O Hospital da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, un na Uci; o HULA coida de 67, 25 na unidade de críticos; o centro hospitalario de Monforte ten 20 positivos.

A cifra de vítimas mortais da pandemia na provincia ascende a 185 ao coñecerse o falecemento dun octoxenario ingresado no Hospital da Mariña. No histórico da área lucense déronse 9.384 altas e houbo 11.089 casos acumulados. Fixéronse 172.080 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.092 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro mantense en 52 casos confirmados nos últimos 14 días, mentres que Xove baixa da decena. Burela conta 27 contaxios nese mesmo prazo (+1) e Ribadeo 15 (-1). O resto dos concellos da Mariña teñen menos de dez infeccións, sendo Riotorto o único libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

1 Residencia O Incio

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

33 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

5 Residencia da Pastoriza

3 As Gándaras (Lugo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia Domusvi Viveiro

9 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESIDENCIAS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

VIVEIRO E.I Municipal Viveiro 3 0 1

BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0
CERVO IES Marqués de Sargadelos 1 0 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

(unha alta no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo)

O VALADOURO CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro 1 0 0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0

VIVEIRO CEIP de Celeiro 1 0 0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1 0 0
VIVEIRO CEP Luís Tobío 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 4 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 1 0 0 (unha alta)

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 2 0 0 (unha alta)
XOVE IES Illa de Sarón 2 0 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...