IniciosociedadeSó Viveiro (50), Burela (27) e Ribadeo (14) superan na Mariña os...

Só Viveiro (50), Burela (27) e Ribadeo (14) superan na Mariña os dez positivos confirmados en 14 días

O Hospital da Costa queda sen pacientes Covid-19 na Uci, con dez doentes en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.437, 77 menos ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 62 positivos novos por PCR.

Dos 1.437 lucenses contaxiados, 91 permanecen ingresados (25 en coidados intensivos). O Hospital da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, sen ningún caso en Uci; O HULA, 60 (25 na unidade de críticos); o centro hospitalario de Monforte ten 20 doentes positivos.

A cifra de vítimas mortais da pandemia ascende a 186 na área sanitaria de Lugo logo de que o Sergas comunicara onte o falecemento dun home centenario na residencia de Sarria. Así mesmo, os datos históricos do Sergas tamén reflicten 9.524 altas, 11.153 casos acumulados e 173.319 PCR realizadas (1.239 probas desde a anterior actualización).

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro conta 50 positivos confirmados nos últimos 14 días, dous menos ca no anterior reconto; Burela, 27 (sen variacións); e Ribadeo 14 (-1). Son os únicos concellos da Mariña que superan os dez casos novos nas últimas dúas semanas; Riotorto é o unico termo municipal mariñao libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

2 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia O Incio

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

32 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

5 Residencia da Pastoriza

3 As Gándaras (Lugo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia Domusvi Viveiro

9 Residencia San Bartolomeu (Xove)

VACINAS NO HOSPITAL ASILO DE RIBADEO

Todos os usuarios e usuarias así como o persoal do Hospital Asilo recibiron hoxe a primeira dose da vacina contra a Covid-19.

Vacinación no Asilo Ribadeo. AXM

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...