Mondoñedo-Ferrol confirma que non haberá procesións da Semana Santa que se celebren en vía pública

O bispado pide respectar "as normas e recomendacións das autoridades sanitarias" e "potenciar a dimensión sociocaritativa das confrarías"

Semana Santa de Viveiro. VIVEIRO TURISMO

A Diócese de Mondoñedo-Ferrol emitiu este martes un comunicado de prensa no que recomenda a suspensión das procesións de Semana Santa que leven consigo o uso da vía pública, “en orde a evitar a concentración das persoas e garantir a saúde pública”.

Aínda “sabendo que as confrarías penitenciais e irmandades de Semana Santa coidan con esmero as manifestacións públicas da nosa fe neses días”, o bispado, “dada a situación sanitaria actual”, pide respectar “as normas e recomendacións das autoridades sanitarias en calquera actividade alternativa que se poidese organizar durante eses días, contando cos preceptivos permisos administrativos“.

Ademais, Mondoñedo-Ferrol anima a “potenciar a dimensión sociocaritativa das confrarías, axudando aos máis vulnerables a través das entidades da diócese”.

“Animar a todos os membros das confrarías a coidar a participación nas celebracións litúrxicas e nos exercicios de piedade durante a Coresma e a Semana Santa”; e “participar nas celebracións litúrxicas da festividade, tendo en conta en todo momento as disposicións das autoridades sanitarias”, son outras das recomendacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here