IniciosociedadeO PP ve "inadmisible" o peche da oficina de Abanca en Celeiro

O PP ve “inadmisible” o peche da oficina de Abanca en Celeiro

"Os máis prexudicados serán os veciños máis maiores, que terán máis dificultades para desprazarse ata Viveiro", apunta Rodríguez

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular emitiu este mércores un comunicado de prensa no que se suma ás voces que reclaman que se manteña a oficina de Abanca en Celeiro. Goberno local, que presentará unha moción no pleno, Por Viveiro e un colectivo de veciños que recolle sinaturas piden á entidade bancaria que dea marcha atrás na súa decisión.

“Hai consenso xeralizado en que só mediante a dispoñibilidade de servizos será posible evitar que os cidadáns sintan o desexo de trasladarse de onde viven alí onde, realmente, poden ter ao seu alcance aquilo que mellora a súa calidade de vida. Un destes servizos é o bancario, cada día máis necesario pola dinámicas económicas e comerciais. Estes días, os veciños de Celeiro ven, con desagradable sorpresa, como Abanca decidiu pechar a súa oficina”, expón o grupo municipal do PP, que expresa “a súa total e rotunda oposición a esta medida e súmase a reclamación veciñal para que a entidade reconsidere esta decisión”.

O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, lembra que Celeiro chegou a contar con tres entidades bancarias. “Agora unicamente quedaba a oficina de Abanca, que, salvo que a dirección desta empresa reconsidere a medida, tamén bota o peche. Como consecuencia, os usuarios desta entidade en Celeiro terán que acudir a Viveiro, coas conseguintes molestias e a formación de colas para ser atendidos. Os máis prexudicados serán os veciños máis maiores, que terán máis dificultades para desprazarse ata Viveiro”, apunta.

PEDIRÁN UNHA REUNIÓN COA ENTIDADE BANCARIA

Rodríguez sinala que o PP apoiará unha intervención conxunta de todos os grupos que integran a corporación municipal para, por un lado, respaldar decididamente, a reivindicación veciñal para que Abanca siga tendo oficina en Celeiro; por outra parte, para intentar manter unha reunión con directivos desta entidade, para deixar claro o prexuízo que suporá para os veciños de Celeiro, para os propios clientes de Abanca, o peche desta oficina. O concelleiro destaca que hai en marcha unha recollida de sinaturas polos veciños para intentar convencer á entidade de que ten que seguir tendo presenza física en Celeiro.

O portavoz popular sinala: “Non é admisible esta decisión, tomada de maneira totalmente unilateral e baseada, supoñemos, unicamente en consideracións económicas. Este é un servizo do que os veciños de Celeiro non poden prescindir sen grave menoscabo da súa calidade de vida. Os concelleiros do PP faremos canto estea nas nosas mans para convencer a Abanca de que non peche a sucursal de Celeiro. O pasado recente debería ser lección suficiente para que a oficina de Celeiro siga aberta e plenamente operativa”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...