IniciosociedadeCase dous anos despois, a sala de espera para as vítimas de...

Case dous anos despois, a sala de espera para as vítimas de violencia de xénero da Mariña fica sen mobles

A Xunta prometeu un espazo a finais de 2019, logo da denuncia pública dos traballadores, pero malia que se deron avances as denunciantes agardan nun cuarto con apenas dúas cadeiras

Publicada o

- Advertisement -

Case dous anos despois de que traballadores do Xulgado da Violencia contra a Muller de Viveiro fixesen unha denuncia pública, os xulgados viveirenses seguen á espera de que se habilite unha sala de espera para as vítimas de violencia de xénero. A Xunta de Galicia dispuxo un cuarto que foi pintado a principios deste exercicio 2021 pero segue sen mobiliario.

Os funcionarios de Xustiza viveirenses piden que se axilice un trámite que “é necesario“. Polo de agora dispuxeron dúas cadeiras na sala, por agora sen outro mobiliario, para evitar que as vítimas tivesen que esperar horas para declarar, como o viñan facendo, noutro cuarto que servía como arquivo, rodeadas de material e sen apenas luz natural: un “zulo”, nas propias palabras dos traballadores.

“A Administración autonómica debería darse unha pouca máis de présa en dotar de mobles a sala de agarda, porque é unha necesidade e non un capricho”, expoñen Marco López e David Díaz, traballadores do Xulgado e membros da Mesa Local Contra a Violencia de Xénero.

Na denuncia formulada en abril de 2019, os traballadores explicaban que un infrautilizado despacho da fiscalía -o ministerio fiscal ten a sé en Mondoñedo– reorganizado como arquivo da sección civil ante a falta de espazo, era o único lugar habilitado como dependencia para acubillar ás vítimas de violencia machista que van denunciar os seus maltratadores. Son mulleres de OurolO Vicedo, Viveiro, XoveCervo, Burela e Foz, dunha poboación de 48.000 habitantes.

POR COMODIDATE E ANONIMATO

Daquela reclamaban que estas mulleres precisan dispor dun espazo propio que lles ofreza anonimato para evitar a súa exposición pública nos corredores do xulgado e así impedir que se poidan ver intimidadas polo seu agresor, ademais de poder ter unha certa comodidade, pois a tramitación dunha denuncia pode levar varias horas.

A solución estaba ao alcance, dado que para mellorar os espazos, o Concello de Viveiro -despois dun acordo plenario- ofrecera á Xunta a finais de 2015 a cesión a planta baixa e parte do primeiro andar do edificio anexo ao dos xulgados, onde se atopaba anteriormente a biblioteca municipal. Trala denuncia dos funcionarios, e interpelado en maio de 2019 no Parlamento de Galicia pola deputada socialista Patricia Otero, o vicepresidente da Xunta de GaliciaAlfonso Ruedacomprometeu a mencionada sala “nos vindeiros meses”, “ese mesmo ano”.

Non se trataba dunha medida ad hoc, segundo a intervención do vicepresidente da Xunta, dado que Rueda anunciou salas de agarda para vítimas de violencia de xénero nun total de 36 xulgados galegos no prazo de tres anos, doce por anualidade ata 2021, recoñecendo en certo modo a carencia deste tipo de instalacións. É, ao contrario, unha situación que se repite, un detalle con importancia que amosa os moitos furados que quedan aínda por cubrir na loita contra o machismo.

A XUNTA ATRIBÚE Á “PANDEMIA” O ATRASO

A Xunta de Galicia vén de responder a unha pregunta formulada por Otero, atribuíndo á “pandemia” o “pospoñer” a iniciativa “ata o mes de novembro do pasado ano”.

“Unha vez que a cesión da antiga biblioteca municipal polo Concello de
Viveiro, permitira liberar varias dependencias nas que se depositaran expedientes para o seu arquivo (por falta de espazo para este fin), e así mediante o traslado destes expedientes á antiga biblioteca quedou, entre outros, un espazo adecuado na terceira planta para a sala de agarda. Esta dependencia logo de ser baleirada está a ser pintada e amoblada para constituír a sala de agarda á que se refiren as preguntas”, responde a Xunta, que con todo non empezou aínda a amoblar as dependencias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...