IniciosociedadeAlivio en Viveiro, con 13 casos nos últimos 14 días, e preocupación...

Alivio en Viveiro, con 13 casos nos últimos 14 días, e preocupación na Pontenova, con doce contaxiados

O Hospital Público da Mariña atende seis pacientes con Covid-19, todos en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 795, 43 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 36 positivos novos por PCR.

Dos 795 contaxiados, 64 permanecen ingresados (21 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 43 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (seis), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (29) e o centro hospitalario de Monforte (seis).

No histórico da provincia documéntanse 198 defuncións, 10.561 altas e 11.559 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 182.425 PCR.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro sitúase con 13 casos confirmados nos últimos 14 días; na Pontenova localizáronse doce contaxios nese mesmo prazo. O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove positivos, agás Alfoz e Trabada, libres de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...