Urxen o arranxo da Praza da Música de Ribadeo ante o “desamparo” dos donos dos garaxes lindeiros

O PSOE salienta que o Concello debe actuar, de acordo cunha sentenza xudicial, antes de finais de mes para subsanar os danos ocasionados

Garaxe lindeiro á Praza da Música. AXM

O PSdeG – PSOE de Ribadeo denunciou a través dun comunicdo de prensa que o Concello “aínda non executou” as obras de reparación na Praza da Música, “que foi condenado a arranxar, así como os danos ocasionados nos garaxes dalgúns edificios lindeiros debido as filtracións de auga”.

Segundo expón a agrupación socialista, na notificación da execución da sentenza, o Concello de Ribadeo ten de prazo ata a finais de febreiro para arranxar esta praza, “pero a día de hoxe alí non se moveu nin unha soa pedra”.

Dende o PSdeG ribadense insisten en que a sentenza, contra a que non cabe recurso ordinario, “descarta a posibilidade dunha incorrecta execución da obra da praza pois, desde que foi recibida polo Concello no ano 2000, non se presentou ningunha obxección”.

“Foron os propios afectados e propietarios os que nos alertaron desta situación de desamparo, na que o Concello aínda non realizou ningún arranxo neste espazo. Ademais, tal e como consta na notificación, se o Concello non executa as obras nos prazos previstos poderá ser sancionado con multas, sen prexuízo das responsabilidades patrimoniais que houbera. Por iso preguntámonos a que espera o alcalde para executar esta obra?”, conclúe o PSdeG ribadense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here