IniciosociedadeViveiro mantense en 12 casos e A Pontenova baixa a 11; catro...

Viveiro mantense en 12 casos e A Pontenova baixa a 11; catro concellos da Mariña, libres de Covid-19

Xove, Trabada, Mondoñedo e Alfoz non teñen positivos, segundo o reconto da Xunta; o Hospital da Costa atende cinco pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 748, 19 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 25 positivos novos por PCR.

Dos 748 contaxiados, 53 permanecen ingresados, nove menos (16 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 37 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (cinco, un menos), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (28, catro menos) o centro hospitalario de Monforte (tres, un menos) e o Polusa (un).

No histórico da provincia documéntanse 200 defuncións, 10.664 altas e 11.617 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 184.020 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 980 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro mantense en doce casos confirmados nas últimas dúas semanas, mentres que A Pontenova baixa a once (un menos ca os comunicados onte). O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove positivos localizados nos últimos 14 días, agás Xove, Trabada, Mondoñedo e Alfoz, libres de Covid-19.

Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...