InicioEconomíaEstabilidade na Mariña, sen casos no Hospital e con dez concellos sen...

Estabilidade na Mariña, sen casos no Hospital e con dez concellos sen contaxios nos últimos sete días

Ningún municipio da comarca acumulou máis de nove positivos na última semana; Viveiro, Burela, Ribadeo, Mondoñedo, A Pontenova e Lourenzá sumaron algún contaxio

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 401, 26 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse nove positivos novos por PCR.

Dos 401 contaxiados, 34 permanecen ingresados (14 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 20 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (16) e o centro hospitalario de Monforte (catro). O Hospital Público da Mariña segue actualmente libre de positivos.

No histórico da provincia documéntanse 206 defuncións, 11.128 altas e 11.739 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 189.824 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 483 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, O Vicedo, Ourol, Xove, O Valadouro, Alfoz, Cervo, Foz, Barreiros, Trabada e Riotorto non rexistraron positivos novos na última semana.

Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada entre os 26 e os 75 casos nunha proxección a 100.000 habitantes), Burela (entre 11 e 25), Ribadeo (entre 26 e 75), Mondoñedo (entre 26 e 75), A Pontenova (entre 26 e 75) e Lourenzá (con entre 126 e 250 positivos por 100.000 residentes) teñen entre un e nove casos nos últimos sete días, sendo este último municipio da Mariña o único da comarca que padecerá un nivel alto de restricións desde o venres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...