IniciosociedadeCervo, Trabada, Xove ou O Vicedo anuncian actos polo 8-M

Cervo, Trabada, Xove ou O Vicedo anuncian actos polo 8-M

Nos municipios xovense e cervense haberá homenaxes ás mulleres solidarias durante a pandemia; no trabadense celebrarase unha concentración coa lectura dun manifesto

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña segue enchéndose de actividades con motivo do 8-M, o Día Internacional da Muller. Concellos coma os de Cervo, Trabada, O Vicedo ou Xove anunciaron actos con motivo da celebración.

CERVO

As delegacións de Muller e de Educación de Cervo, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividades coa muller como protagonista.
Así, durante este mes ofreceranse sesións virtuais de iniciación ao ioga cada martes e xoves, ás 16.30 horas, a cargo da profesora titulada, Nuria Torrado.
Desde o luns, 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas publicas (consistorio, casa da cultura, fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón ou as escolas vellas de Cervo.
O día 8, o auditorio da casa da cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.
Prográmase ademais o concurso virtual ‘Que muller te inspira?‘, cuxas bases se farán públicas este venres, 5 de marzo. Torrado ofrecerá tamén 8 de marzo unha clase de ioga especial dedicada á muller.

O VICEDO

No Vicedo representarase a obra ‘La Pimentera‘, a cargo de Dinamia Teatro, de Ponferrada, onde se aborda unha temática no marco do 8-M: o papel das mulleres nos pobos. A representación será o sábado 6 de marzo ás 18.00 horas na casa da cultura.  Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa Covid-19, concretamente o auditorio da Casa da Cultura está limitado a 60 persoas.

TRABADA

O Concello de Trabada conmemorará o Día Internacional da Muller cunha concentración o luns, 8 de marzo, ás 12.00 horas na praza do consistorio, na que se fará a lectura dun manifesto.

“As melloras políticas e normativas son fundamentais para avanzar, pero para a igualdade real é imprescindible a vontade social de cambiar as cousas”, expón o goberno municipal, que lembra que neste momento, precisamente, coas restriccións de mobilidade da pandemia, “é cando moitas mulleres peor o están a pasar, por ter os seus agresores preto. Dende que se empezaron a recopilar datos no ano 2003, son máis de 1.080 o número de mulleres asesinadas por violencia de xénero. É polo que non se explica que haxa partidos políticos que pidan que se sustitúa a lei de violencia de xénero mentras siguen matando as mulleres polo feito de selo”, salienta o executivo municipal.

VIVEIRO

O Concello de Viveiro, dentro do programa de actividades con motivo do 8-M, Día Internacional da Muller, iluminará desde esta noite de cor lila a porta de Carlos V.

Dado que o contexto sanitario actual non permite as concentracións multitudinarias, dende o Concello de Viveiro faise un chamamento á participación da cidadanía nas alternativas propostas para este 8-M.

A lectura colectiva dun manifesto, formado por vídeos nos que cada participante lerá unha frase, unha interpretación especial da man de actriz Estíbaliz Veiga, que se poderá seguir a través das redes sociais e unha actividade de formación que consistirá nun curso de autoestima para mulleres inmigrantes son as propostas.

XOVE

En Xove realizarase unha homenaxe ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma. Este acto celebrarase o sábado 6 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de deportes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...