IniciosociedadeTrece dos 16 concellos da Mariña non teñen casos confirmados na última...

Trece dos 16 concellos da Mariña non teñen casos confirmados na última semana, entre eles Lourenzá

Só Viveiro, Burela e A Pontenova rexistran algún positivo na última semana; o Hospital da Costa atende dous pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 304, 23 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse dous positivos novos por PCR.

Dos 304 contaxiados, 33 permanecen ingresados (oito deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 25 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (16), o centro hospitalario de Monforte (sete) e o Hospital Público da Mariña, con dous positivos.

No histórico da provincia documéntanse 207 falecementos, 11.273 altas e 11.789 desde o inicio da pandemia. Fixéronse 191.985 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 491 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, O Vicedo, Ourol, Xove, Cervo, O Valadouro, Alfoz, Foz, Mondoñedo, Barreiros, Ribadeo, Trabada e Riortorto non teñen casos confirmados nos últimos sete días. Tamén Lourenzá, aínda que segue a padecer maiores restricións que os restantes concellos da Mariña; a taxa de incidencia acumulada nas últimas dúas semanas é de entre 151 e 250 positivos por 100.000 habitantes.

Con entre un e nove casos nos últimos sete días sitúanse Viveiro (cunha taxa acumulada de entre 26 e 75 casos por 100.000 residentes), Burela (entre 11 e 25) e A Pontenova (entre 11 e 25).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...