IniciosociedadeLourenzá volve rexistrar casos de Covid-19 e a incidencia acumulada baixa en...

Lourenzá volve rexistrar casos de Covid-19 e a incidencia acumulada baixa en Viveiro

Doce dos 16 concellos da Mariña non teñen casos confirmados na última semana; o Hospital da Costa atende dous pacientes con coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 282, 22 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse 13 positivos novos por PCR.

Dos 282 contaxiados, 28 permanecen ingresados (seis deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 22 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (14), o centro hospitalario de Monforte (seis) e o Hospital Público da Mariña, que atende dous positivos.

No histórico da provincia documéntanse 208 defuncións, 11.308 altas e 11.803 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 192.364 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 379 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, O Vicedo, Ourol, Xove, Cervo, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada e Riotorto non teñen casos confirmados de Covid-19 nos últimos sete días.

Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada do virus de entre 11 e 25 casos por 100.000 residentes, pola de entre 26 e 75 comunicada onte), Burela (entre 11 e 25), A Pontenova (entre 26 e 75) e Lourenzá (entre 26 e 75 positivos por 100.000 residentes), o municipio da comarca que padece maiores restricións, rexistraron entre un e nove positivos nese mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...