IniciosociedadeLourenzá continuará con restricións de nivel alto

Lourenzá continuará con restricións de nivel alto

En Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures aplicaranse partir do venres medidas de nivel máximo

Publicada o

- Advertisement -

Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures terán a partir do venres restricións de nivel máximo. Isto implica que só poderán moverse nos límites do concello e limitar as relacións persoais aos convivintes. A hostalaría e comercio permanecerán pechados.

Así o decretou a Xunta de Galicia trala reunión, este martes, do comité clínico. O Goberno autonómico tamén anunciou que outros 13 concellos estarán no grupo de restricións de nivel alto. Neste nivel alto de restricións quedarán os concellos de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado.

Segundo informou o Sergas nun comunicado, o resto dos concellos galegos quedan en nivel medio. Estas medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas do venres día 12 de marzo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...