IniciosociedadeRematan as obras de Benito Galcerán e do aparcadoiro de caravanas do...

Rematan as obras de Benito Galcerán e do aparcadoiro de caravanas do polideportivo

O Concello de Viveiro prevé acabar "en breve" a mellora da contorna da oficina de turismo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou de que este luns recepcionou as obras de mellora e reposición do saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de auga na rúa Benito Galcerán, entre a oficina de turismo e o río dos Foles.

As actuacións, financiadas pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental, contaron cun orzamento de 96.044 euros.

As obras consistiron no saneamento da rede de evacuación de augas residuais, na dotación a este trampo de separación de pluviais, na mellora do abastecemento de auga potable e na demolición do pavimento para colocar lousetas de granito, ao igual que se está a facer no casco histórico.

Rúa Benito Galcerán, acceso alternativo ao centro de Viveiro. AXM

BEIRARRÚAS

Ademais, o concello solicitou á Deputación de Lugo a aprobación dun novo convenio no que se incluirían as obras de mellora das beirarrúas existentes no outro lado da rúa Benito Galcerán.

o goberno local pedirá á deputación financiamento para mellorar as beirarrúas do outro lado da vía

OFICINA DE TURISMO

Ademais, nesta mesma zona, o goberno municipal espera rematar “en breve” as obras de acondicionamento da contorna da oficina de turismo.

As actuacións, que proveñen do remanente dun convenio asinado coa Deputación de Lugo, contan cun investimento de 41.171 euros.

As actuacións consisten na demolición de parte do muro de peche da residencia Betania, na utilización dos 60 metros cadrados de terreos concedidos pola mesma para mellorar a visibilidade e o acceso á oficina de turismo, na reubicación do paso de peóns e na mellora das instalacións de abastecemento de auga, saneamento, pluviais e subministro eléctrico.

AUTOCARAVANAS

Tamén finalizaron as actuacións para a creación dunha zona de aparcadoiro de autocaravanas nas proximidades do polideportivo municipal.

Estas obras, financiadas pola Axencia de Turismo de Galicia, contan cun investimento de 26.527 euros.

Así, habilitáronse catro prazas para autocaravanas, dotadas de rede de saneamento, abastecemento de auga e tomas de electricidade.

O Concello sinalizou outras catro prazas, de cara a que nun futuro se poda aumentar o número, tal e como contempla o proxecto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...