IniciosociedadeA Xunta ve "probable" ampliar os horarios da hostalería a vindeira semana

A Xunta ve “probable” ampliar os horarios da hostalería a vindeira semana

A Administración autonómica mantén o peche en Semana Santa é pretende continuar co toque de queda entre as 22.00 e as 6.00 horas

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sostivo que Galicia “mantén” a previsión de peche perimetral para a ponte de San Xosé e a Semana Santa e, a falta de que o que se decida no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), a idea da Administración autonómica é manter sen cambios tamén o toque de queda entre as 22 e as 6 horas.

Se non houbese Semana Santa, seguiriamos pechados“. Desta maneira liquidou as dúbidas o conselleiro de Sanidade ao ser preguntado na rolda de prensa deste mércores, posterior ao comité clínico do martes, no que se fixo un reaxuste da listaxe de concellos con máximas restricións e nivel alto de medidas.

PODERÍA VOLVERSE Á NORMATIVA DOS CATRO NIVEIS PREVIA A XANEIRO

Con todo, o titular da Administración sanitaria galega si avanzou que son previsibles cambios nas medidas que afectan internamente á comunidade. Deste xeito, recoñeceu que está encima da mesa a ampliación de horarios na hostalaría a partir da próxima semana (o martes día 16 vólvese a reunir o comité clínico), decisións que entrarían en vigor, precisamente, o venres 19 ás 00.00 horas, xornada de festivo autonómico.

Comesaña lembrou que Galicia deseñou un documento con catro niveis que quedaron suspendidos en xaneiro e que, anunciou, “vanse a recuperar”. Estes niveis –restricións máximas, nivel medio alto, nivel medio e nivel básico– rexíanse pola incidencia acumulada delimitando as medidas en franxas máis concretas que as que están actualmente vixentes (xa que agora o nivel medio abarca desde municipios como A Coruña cunha incidencia acumulada de 225 a outros sen contaxios nas últimas semanas).

Ademais, para cada un dos niveis había uns criterios de aforamentos en hostalaría e de mobilidade. Este documento, que deixou de estar vixente co endurecemento das medidas que se tomaron na terceira onda, despois de Nadal, será agora recuperado, aínda que faltan por saber os matices que se poidan engadir.

OBRIGATORIEDADE DOS CÓDIGOS QR

Concretamente, o conselleiro avanzou que “non é descartable que a semana que vén se faga un reaxuste de horarios“, con outras franxas para a hostalaría (actualmente pecha en toda Galicia ás 18,00 horas). “Non é descartable que teñamos algún nivel a maiores e complementario en función da situación epidemiolóxica”, apuntou Comesaña, quen indicou que “é probable que a semana que vén fagamos unha adaptación a eses niveis”.

Precisamente, sobre a hostalaría, Comesaña lembrou que este venres entra en vigor a obrigatoriedade dos establecementos hostaleiros de contar cun código QR, que xa conta cun número de descargas “significativo”, uns 2.700, unha “porcentaxe razoable”. Neste sentido, indicou que se está traballando coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Turismo para “poder facilitar a lectura” do código a todos os usuarios, aínda que esta acción é voluntaria.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...