IniciosociedadeBurela non rexistra casos en sete días e só Viveiro, Ribadeo e...

Burela non rexistra casos en sete días e só Viveiro, Ribadeo e Lourenzá confirmaron algún positivo

O Hospital Público da Mariña atende dous pacientes con coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 203, un menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse nove positivos novos por PCR.

Dos 203 contaxiados, 25 permanecen ingresados (seis deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 19 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (doce), o centro hospitalario de Monforte (catro) e o Hospital Público da Mariña, con dous positivos.

No histórico da provincia documéntanse 210 defuncións, 11.462 altas e 11.880 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 196.587 PCR.

No que atinxe á evolución epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada de menos de dez positivos por 100.000 habitantes), Ribadeo (entre 11 e 25) e e Lourenzá (entre 126 e 250), que deixa as restricións de nivel alto, rexistraron algún caso nos últimos sete días, unha lista da que cae Burela. Os restantes concellos da Mariña non teñen contaxios confirmados nese mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...