IniciosociedadeSó Viveiro, Xove, Burela e Riotorto rexistraron algún caso novo nos últimos...

Só Viveiro, Xove, Burela e Riotorto rexistraron algún caso novo nos últimos sete días

O Hospital Público da Mariña atende dous pacientes con Covid-19, ambos en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 193, cinco menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectouse un novo positivo por PCR.

Dos 193 contaxiados, 14 permanecen ingresados (tres deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os once pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (nove) e o Hospital Público da Mariña, con dous positivos.

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.548 altas e 11.957 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 200.552 PCR.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada menor a dez positivos por 100.000 habitantes), Xove (con entre 76 e 125), Burela (con entre 76 e 125) e Riotorto (con entre 76 e 125) son os concellos da Mariña que rexistraron algún contaxio novo nos últimos sete días, sempre por debaixo dos dez casos. Os restantes termos municipais da comarca non documentaron novas infeccións nese mesmo prazo dunha semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...