Iniciosociedade(AMPLIACIÓN) A Xunta investirá 860.000 euros en arranxar "no verán" o Virxe...

(AMPLIACIÓN) A Xunta investirá 860.000 euros en arranxar “no verán” o Virxe do Carme

O Goberno galego afirma que os traballos afectarán aos tres edificios do colexio burelés

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que executará “o vindeiro verán” a obra de “remodelación integral” do Ceip Virxe do Carme de Burela, na que investirá 860.000 euros.

Así o anunciou o delegado territorial do Executivo autonómico, José Manuel Balseiro, nunha xuntanza co equipo docente e con representantes da Anpa.

O representante do Goberno galego afirmou que, logo das visitas técnicas e de inspección, a Xunta considera as obras “urxentes” e acometerá as actuacións durante o verán, para non interromper a actividade lectiva.

Así, anunciou Balseiro, o Goberno galego “está tramitando os correspondentes proxectos técnicos e de obra.

OBRAS

En concreto, está previsto unha renovación e modernización global das instalacións dos tres edificios que compoñen o complexo, moi deteriorado pola súa antigüidade.

Segundo explica o Goberno galego nun comunicado, actuarase sobre a carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas e lucernarias) e no illado da fachada.

Tamén se procederá á substitución das luminarias existentes por unhas de baixo consumo e tecnoloxía LED e o proxecto da Xunta inclúe traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación e pintado de aulas) e melloras nos aseos, entre outras.

Nas obras non se contemplan algunhas das peticións habituais da comunidade educativa do centro, como a unificación dos tres edificios, que supón para os escolares e os docentes andar cambiándose de inmoble constantemente.

A modo de solución para este problema, a comunidade educativa do centro ten reivindicado unha pasarela que a Xunta de Galicia tampouco cita no comunicado.

ACTUACIÓNS DE EMERXENCIA

A Xunta anunciou para esta semana obras de urxencia, dirixidas a corrixir filtracións de auga nas aulas.

O Executivo autonómico asegurou que “ten en marcha” estas actuacións, cun importe de 23.000 euros

INSECTOS

A aparición no centro dun insecto predador da couza, a scleroderma doméstica, que xa picou a varios profesores, é outro dos problemas do centro. 

Xunta e Concello ofreceron colaboración ao centro para cambiar mobles e portas e tratar de erradicar así a presenza deste insecto.

Por agora non houbo máis incidencias neste aspecto, nin alumnos afectados polas picadas

MATRICULACIÓN

Neste curso académico, o Ceip Virxe do Carme, inaugurado no 1963, conta con 346 alumnos, dos que 97 cursan educación infantil e 249 primaria.

REUNIÓN DA ANPA

A presidenta da Anpa, Eva López, preferiu non valorar a título persoal o anuncio da Xunta de Galicia e agardará á xuntanza convocada este mércores, ás 20.00 horas na casa da cultura, para ofrecer unha opinión como dirixente do colectivo.

Na reunión, López informará “obxectivamente e con todo detalle” ao colectivo de pais sobre o encontro con Balseiro e o anuncio da Xunta.

A xuntanza servirá, ademais de para informar e valorar o proxecto do Goberno galego, para consensuar que posición tomar nas vindeiras semanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...