IniciosociedadeXove e Viveiro beneficiaranse dun aumento do 30% nas axudas para paliar...

Xove e Viveiro beneficiaranse dun aumento do 30% nas axudas para paliar os danos do lobo

As contías concedidas variarán en función das especies afectadas e dos tramos de idade

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inclúe 22 novos concellos, entre eles Viveiro e Xove, na listaxe de municipios que se poden beneficiar dun incremento dun 30% do importe da axuda correspondente para paliar os danos que provoca o lobo nas explotacións afectadas.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, trasladou esta decisión do seu departamento ás tres organizacións agrarias (Unións Agrarias, Sindicato Labrego de Galicia e Asociación Agraria de Galicia), despois de que o Diario Oficial de Galicia publicara unha modificación da Orde pola que se convocan estas axudas, concretamente a modificación do Anexo III, polo que se amplía a listaxe de concellos beneficiarios.

Así, aplicaráselles unha bonificación dun 30% sobre o importe da axuda ás explotacións gandeiras que se atopen nos municipios de: A Laracha, Lousame, Ortigueira, Oza-Cesuras, As Somozas, Chantada, Guntín, Lugo, Paradela, Sarria, O Saviñao, Taboada, Viveiro, Xove, Castro Caldelas, Celanova, Nogueira de Ramuín, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Pontevedra e Silleda.

As contías concedidas variarán en función das especies afectadas e dos tramos de idade, oscilando entre os 26 euros dun exemplar de gando ovino/cabrún adulto e os 1.817 euros dunha vaca de raza autóctona de entre 2 e 6 anos de idade; pero nos 22 municipios indicados anteriormente a axuda poderá incrementarse nun 30%.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...