IniciosociedadeConcello e Goberno abordan a iluminación das rotondas de acceso a Ribadeo...

Concello e Goberno abordan a iluminación das rotondas de acceso a Ribadeo e o mal estado da A-8

O Executivo central anuncia a redacción dun proxecto para a mellora do firme; o goberno local pide ampliar as beirarrúas na Ponte dos Santos

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, mantivo unha reunión coa subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. No encontro, celebrado esta mañá, abordáronse temas como a iluminación das rotondas de acceso a Ribadeo, as fochancas que presenta a A-8 ao seu paso polo concello e as beirarrúas da Ponte dos Santos que o rexedor ribadense considera necesario ampliar para facilitar o paso de peóns, de bicicletas e de peregrinos.

GLORIETAS

O alcalde contou que “trasladamos a nosa preocupación, que temos desde hai tempo no Concello de Ribadeo, para intentar buscar unha vía para iluminar dunha maneira definitiva estas rotondas, que están moi frecuentadas por peóns, que corresponden ao Ministerio de Fomento, concretamente na saída na autovía en Vilaselán, tamén en Dompiñor e a outra rotonda da Vilavella. Son rotondas que pertencen ao Ministerio de Fomento, pero que ou ben non teñen iluminación desde hai tempo ou a que teñen é absolutamente insuficiente desde o punto de vista da seguridade peonil dos viandantes, e hai que ter en conta que especialmente en Vilaselán é unha zona urbana para unha banda e outra da autovía. Polo tanto, comprometémonos entre as dúas partes a buscar unha fórmula para iluminar definitivamente estas glorietas”, indicou.

AUTOVÍA

Suárez Barcia explicou que “tamén lle trasladei a preocupación, eu creo que dos de Ribadeo e dos que non son de Ribadeo, polo estado que non é correcto dun treito da autovía A-8, ao seu paso por Ribadeo, entre os quilómetros 512 e 516, que están cheos de fochancas. Entendemos que lle hai que dar unha solución non de rebacheo senón unha solución máis integral da reposición do tramo enteiro”, subliñou.

CAMIÑO DE SANTIAGO

O rexedor ribadense indicou que “ademais lle trasladamos unha preocupación, eu creo que compartida non soamente por Ribadeo senón tamén polos nosos veciños e a Corporación de Castropol, sobre a Ponte dos Santos. Sabemos que este goberno do Estado, hai tres anos, procedeu á iluminación da ponte, o cal era unha inxustiza que a ponte durante anos estivera apagada, pero agora necesitamos que estas beirarrúas que posibilitan o paso dos veciños dunha banda e da outra, agora non pola covid-19 pero esperemos que dentro de poucos días poida ser posible”, argumentou.

Para Fernando Suárez Barcia “hai que ter en conta que estas beirarrúas que son o paso do Camiño Norte de Santiago, son demasiado estreitas, non compren ningún tipo de normativa e é necesario amplialas. Como somos sensatos, non pretendemos nin que se amplíe a Ponte dos Santos nin que se fagan cousas que serían impensables a día de hoxe, pero si pensamos, e os técnicos así nos indican, que estes valos que serven de división para que ningún viandante poida entrar nunha autovía e que están colocados por diante das farolas, se podían colocar por detrás delas”, concluíu.

Rodríguez, que estivo acompañada da xefa da unidade de Estradas na provincia, Beatriz González, informou ao rexedor municipal, segundo expón o Goberno central, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ten prevista a redacción dun proxecto para a mellora do firme da A-8 ao seu paso polo municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...