Ningún municipio da Mariña terá restricións de nivel alto ou medio en Semana Santa

Rábade e A Pobra do Brollón serán os únicos concellos da provincia que padecerán as medidas máis duras; a nova normativa aplícase a partir do venres

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no centro. XUNTA.GAL

A Semana Santa en Galicia acabará cun total de 30 concellos con medidas máis restritivas e, deles, Beade seguirá sendo o único municipio pechado perimetralmente e coa hostalaría pechada. Os cambios nos niveis dos concellos que decidiu este martes a Xunta a proposta do comité clínico entrarán en vigor este venres ás 00,00 horas.

Concretamente, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, indicou que Beade seguirá en máximas restricións; mentres que en nivel alto permanecerán doce concellos: Abegondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazos de Borbén, A Pobra do Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao.

En nivel medio alto de restricións estrán 17 concellos: Vilardevós, Celanova, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, na provincia de Ourense; Cangas, Moaña, Gondomar e Meis, en Pontevedra; e Bergondo, Boimorto, Carral, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos e Carmariñas, na provincia da Coruña.

Na rolda de prensa, o conselleiro de Sanidade indicou que Galicia ten unha incidencia a 14 días de coronavirus que ascende a 69,09 (fronte aos 149 da media nacional) e de 31,04 a sete días, fronte aos 80,11 da media estatal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here