IniciosociedadeR amplía a capacidade da súa rede na Mariña ata ofrecer servizos...

R amplía a capacidade da súa rede na Mariña ata ofrecer servizos a preto de 29.000 fogares

A operadora galega ofrecerá as súas prestacións nos municipios de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove

Publicada o

- Advertisement -

A compañía galega R vén de ampliar a capacidade da súa rede en sete concellos da Mariña lucense (Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove), o que lle permitirá ofrecer servizos a preto de 29.000 fogares destas localidades, segundo concreta a empresa nun comunicado de prensa.

O operador galego asegura que traballou nos últimos meses “na extensión e mellora” da
súa rede, “instalando novos equipos que lles dan servizo a estas áreas, para dotar á
infraestrutura de R de maior capacidade e fortaleza, e de responder ao aumento de
tráfico en Internet e noutros servizos de telecomunicacións que se ten producido
dende o inicio da pandemia hai xa un ano”.

Con este “reforzo substancial da rede”, R “déixaa preparada de cara a novos aumentos do consumo de Internet, TV e telefonía que poidan producirse de agora en adiante”.

O TRÁFICO NA REDE TENSE INCREMENTADO “ENTRE UN 40 E UN 50%” DESDE O INICIO DA PANDEMIA

A empresa concreta que a crise sanitaria “ten alterado os hábitos de uso e as tendencias xerais da poboación á hora de consumir servizos de telecomunicacións. O tráfico na rede tense incrementado entre un 40 e un 50% dende o inicio da pandemia, con picos que chegaron a superar o 80% en situacións de máximas restricións á mobilidade como o pasado mes de decembro, cando se alcanzou un aumento do 82% de accesos de banda larga con respecto aos consumos previos ao confinamento”.

“Todos estes traballos de mellora da rede de R na Mariña para reforzala e aumentar
a súa capacidade forman parte do intenso traballo global desenvolvido por R nos últimos anos para optimizar a cobertura dos seus servizos no territorio galego, obxectivo que este último ano tivo unha prioridade máxima ante as crecentes necesidades do uso de redes. Esta inxente demanda levou o operador galego a realizar un investimento de case 4,6 millóns de euros para ampliar e reforzar as capacidades da súa rede de fibra na comunidade galega”, argumenta R na nota.

“Ao tempo, estas actuacións compleméntanse cos desenvolvementos de tecnoloxía FTTH en “zonas brancas” de Galicia (as que non desfrutaron nunca de servizos de alta velocidade), no marco dos plans Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria nos últimos anos. En concreto, en 2020 conectáronse ás redes de nova xeración de R arredor de 30.000 vivendas na comunidade, o que supuxo xa un investimento de 9 millóns de euros que previsiblemente se aproximará aos 10 millóns a peche de 2021”, finaliza o comunicado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...