Viveiro, Burela, Foz e Barreiros son os concellos da Mariña con algún caso novo na última semana

O Hospital Público da Mariña atende un paciente con Covid-19, en planta

Hospital da Mariña. AXM

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 133, un menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse nove positivos novos por PCR.

Dos 133 contaxiados, once permanecen ingresados (dous deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os nove pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (cinco), o Hospital Público da Mariña (un) e o centro hospitalario de Monforte (tres).

No histórico da provincia documéntanse 212 defuncións, 11.737 altas e 12.087 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 207.437 PCR.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada de entre 11 e 25 positivos por 100.000 habitantes), Burela (entre 26 e 75), Foz (menor a dez) e Barreiros (con entre 26 e 75 casos por 100.000 residentes) rexistraron algún caso nos últimos sete días, sempre menos de dez, mentres que no resto dos concellos da Mariña non se localizaron novas infeccións nese mesmo prazo dunha semana.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here