IniciosociedadeA Pontenova cuantifica 50 desatendidos en seis días sen un médico de...

A Pontenova cuantifica 50 desatendidos en seis días sen un médico de baixa

O alcalde, Darío Campos, subliña que "puido suceder algo grave de producirse unha emerxencia"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova cuantifica “50 veciños desatendidos” ao longo da última semana no centro de saúde do municipio, logo de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) cubrise este mércores a un médico que está de baixa.

Un dos dous galenos do centro de saúde falta desde o pasado xoves, e o goberno local lembra que “non foi ata este mércores, tralas reclamacións e a denuncia pública desta situación”, cando a Xunta de Galicia substituíu ao profesional.

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, enviou unha carta á Xerencia de Atención Primaria do Sergas para recriminarlle que “50 veciños quedaron sen atención, o que podería ter sido máis grave de xurdir unha urxencia”.

O goberno local pontenovés agarda que a substitución do galeno de baixa sexa a tempo completo ata a súa reincorporación.

COMPROMISO

Nunha reunión cos veciños na pasada primavera para abordar a supresión da praza dun médico que se xubilou, o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo Cervo e Monforte prometeu, segundo o alcalde, que “A Pontenova sempre tería dous médicos dispoñibles”.

Campos esixe ao Sergas “que cumpra coa palabra dada”. Segundo o goberno local pontenovés, o dirixente do Sergas comprometeuse a que, “de producirse unha baixa, sería cuberta nese mesmo día“. 

PSX

A comunidade da Pontenova reclama tamén que se cubra a vacante dun traballador de Persoal Xeral Sanitario (PSX), xa que as chamadas para pedir cita son derivadas á central de Santiago de Compostela, que en ocasións non solventa as necesidades dos veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...