A pandemia afrouxa na Mariña, que segue sen ingresos no hospital da Costa

A provincia experimenta unha lixeira repunta de casos activos ao alcanzar os 148 (+6).

Una enfermera realiza de una prueba PCR. EFE/Brais Lorenzo/Archivo

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 9 de abril un lixeiro aumento de casos, ao rexistrar 148 pacientes con coronavirus6 máis ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 8 novos positivos a través de PCR.

A situación hospitalaria non experimenta cambios. Segundo o balance de datos de Sanidade, segue habendo 8 persoas ingresadas por Covid-19. Todas elas están a ser atendidas no Hula: 5 en planta e 3 na Uci.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 212 persoas diagnosticadas co virus na provincia de Lugo, curáronse 11.763 e realizáronse 209.922 probas PCR.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here