Iniciosociedade150 entidades e negocios de Ribadeo lucirán de loito pola violencia machista

150 entidades e negocios de Ribadeo lucirán de loito pola violencia machista

A campaña inclúe a proxección dunha curtametraxe, o venres, e un acto central o día 23 cunha performance da actriz Iria Sobrado

Publicada o

- Advertisement -

Case 150 entidades sociais, establecementos comerciais e de restauración lucirán de loito en Ribadeo do 16 ao 25 de novembro contra as violencia machista.

O goberno ribadense impulsa por terceiro ano a campaña #EnNegroContraAsViolencias.

A edil de igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, destacou a colaboración do tecido asociativo de Ribadeo nesta iniciativa.

Na presentación da campaña, celebrada este mércores no porto de Rinlo, “os centros educativos, o centro de saúde e o de día, o Comité Lila, o programa Aquí como de 20, da Policía Local, da escola de música, do Centro de Información á Muller, dos servizos sociais ou da Acisa“.

ACTOS

O vindeiro venres, a partir das 20.00 horas, proxectarase a curtametraxe realizada polo Comite Lila ‘Pensa, fálao. Vive‘.

O día 23, desde as 12.00 horas, desenvolverase o acto principal na rúa de San Roque. Participarán entidades sociais e centros educativos e pechará o acto a actriz Iria Sobrado, cunha performance titulada ‘Titania‘.

Lastra anunciou que o Concello presentará na vindeira semana “outras iniciativas que farán fincapé nas políticas de igualdade e na coeducación“.

“PROBLEMA PÚBLICO”

A intención da campaña é poñer “sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista coma un problema público“.

“Vestiremos a vila de loito en sinal de dor polas mulleres que padecen e como resposta á máis dura das consecuencias do machismo, a morte“, concluíu Álvarez Lastra. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...