IniciosociedadeDo Vicedo a Portomarín, e volta: dous concellos irmáns unidos por cadansúa...

Do Vicedo a Portomarín, e volta: dous concellos irmáns unidos por cadansúa campá

Esta orixinal iniciativa pretende fomentar o turismo entre o interior e a costa, cunha placa que advirte que todo aquel que toque a campá deberá visitar o municipio irmán.

Publicada o

- Advertisement -

EFE | Os municipios de Portomarín e O Vicedo, un na costa e outro no interior de Lugo, decidiron unir os seus destinos coa colocación en cada un deles dunha campá, ambas procedentes de barcos pesqueiros, acompañada dunha placa na que se advirte aos visitantes de que se se deciden a tocala, estarán obrigados a visitar o concello irmán.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistía este mércores á colocación dunha campaña no Fuciño do Porco, un dos lugares máis belos da xeografía litoral da provincia de Lugo, no municipio do Vicedo.

En realidade, a colocación desa campá formaba parte da iniciativa de promoción turística impulsada polos concellos do Vicedo e Portomarín, a iniciativa dos seus respectivos alcaldes, Jesús Novo e Juan Serrano.

Arias destacou o feito de que ambos os municipios se puxesen de acordo para impulsar “esta singular iniciativa, porque vai contribuír a incentivar o “tránsito de visitantes entre dous municipios, entre o interior e A Mariña”.

IDEAS ORIXINAIS

Ás veces, lembrou, “as ideas aparentemente sinxelas son capaces de provocar movementos inesperados pola súa dimensión; estamos a ver exemplos todos os días. Oxalá que esta colaboración se faga viral e esperte a curiosidade de moita xente”. “É unha boa idea. Unha forma distinta de chamar a atención dos potenciais visitantes” sobre “a impresionante paisaxe e os recursos naturais dunha provincia que o ten case todo para converterse nun destino turístico de primeira orde”, engadiu.

“Non sempre é necesario gastar centos de miles de euros para conseguir resultados sorprendentemente satisfactorios. Espero que esta colaboración entre O Vicedo e Portomarín se convirta nun exemplo do que todos podamos presumir dentro dun tempo”, engadiu.

De feito, mostrouse convencido de que as miles de persoas que visitan o Fuciño do Porco ou a multitude de peregrinos que pasan cada ano por Portomarín sentirán “canto menos curiosidade” por “coñecer o outro extremo deste novo roteiro que acaba de nacer”.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...