IniciosociedadeAberta a preinscrición da escola infantil municipal de Viveiro

Aberta a preinscrición da escola infantil municipal de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou da apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2021-2022. O prazo estará aberto a partir de mañá, martes 20 de abril, e ata o vindeiro 31 de maio de 2021.

Segundo apunta o concello nun comunicado, as persoas interesadas no servizo poden recoller as solicitudes de preinscrición na Escola Infantil Munipal, no Centro de Servizos Sociais ou na propia web do Concello de Viveiro. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica.

No caso de xurdir algunha dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 982561461 (Escola Infantil Municipal) ou 982550421 (Centro de Servizos Sociais).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...