IniciosociedadeA Xunta rectifica e deixa a Trabada e Barreiros no nivel medio...

A Xunta rectifica e deixa a Trabada e Barreiros no nivel medio de restricións pola covid

A Xunta incorpora tamén a Meira en nivel alto de restricións e a Chantada no nivel medio.

Publicada o

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento para este luns do nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove, e Vilanova de Arousa. Son os mesmos que o martes, agás este último, que se incorpora na nova relación remitida pola Xunta.
Así mesmo, o subcomité mete no nivel alto os concellos Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.
E, tras un erro, incorpora novamente a Trabada e Barreiros nas restricións do nivel medio nas que tamén están os concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, e Vigo.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 26 de abril.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...