O Concello de Burela habilita unha ruta de sendeirismo circular de 16 quilómetros

O itinerario, no que o goberno local investiu 8.000 euros, percorre a gran maioría dos atractivos turísticos do municipio, incluídas as praias e o Monte Castelo

Alfredo Llano, á dereita na imaxe. AXM

O Concello de Burela habilitou unha ruta circular de sendeirismo de 16 quilómetros, que percorre as praias, os paseos marítimos, as zonas xeolóxicas e o Monte Castelo, entre outras localizacións.

O investimento na sinalización con paneis informativos desta ruta, que requeriu da solicitude de varios permisos, alcanzou os 8.000 euros, un orzamento ao que contribuíu Turismo de Galicia.

O concelleiro de turismo, Ramiro Fernández Rey, explica que “Pasada das Cabras, unha asociación de sendeirismo de Burela, solicitounos hai tempo esta ruta. Pasa por zonas de interese paisaxístico, histórico e arquitectónico”, expón.

ATRAER TURISMO

O edil espera que o sendeiro “atraia turismo” e sexa “un atractivo máis para a nosa vila. Estou segurísimo de que a xente que faga esta ruta vai quedar encantada con todo o que hai que ver en Burela e coas vistas, sobre todo, desde o Monte Castelo que son realmente espectaculares”, subliña.

“IDEA CLARA DO CONCELLO”

O alcalde, o socialista Alfredo Llano, destaca que o itinerario “dá lugar a ter unha idea clarísima de cómo é o concello”.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here