A Covid non parará este ano a celebración dos Maios en Lourenzá

Haberá unha exposición e uns Maios estáticos na praza da localidade.

Celebración da festa dos Maios en Lourenzá / Concello de Lourenzá

A pandemia da Covid non parará este ano a celebración do Maio en Lourenzá. O Concello celebra esta tradicional celebracións este sábado, día 1, cunha exposición na praza do Conde Santo.

Este ano, por mor da pandemia, farase dun xeito un pouco diferente e non haberá o percorrido habitual polas rúas da vila”, dixo a rexedora Rocío López a través dun comunicado.

Como alternativa e en recordo a esta festividade doutros anos o concello colocará na praza uns Maios estáticos e unha exposición fotográfica en lembranza a edicións pasadas. “Esta mostra instalarase mañá, venres, e poderá verse ata o luns”, suliñou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here