IniciosociedadeO delegado do Goberno en Galicia: "A vacinación dos mariñeiros depende dos...

O delegado do Goberno en Galicia: “A vacinación dos mariñeiros depende dos criterios da Xunta”

Agarda que coa chegada das vacinas, a administración galega tamén dea orde de vacinar a este colectivo.

Publicada o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que depende da Xunta a vacinación dos mariñeiros en Galicia xa que é esta administración a que determina os criterios de vacinación.

Así, preguntado pola vacinación dos mariñeiros e a que administración correspondería, Miñones explicou que son “moitos colectivos” os que trasladan á Delegación do Goberno as súas demandas para ser vacinados e engadiu que o que fai este organismo é comunicar ao Sergas as mesmas. “É xestión que fai a Xunta”, sinalou asegurando que é a Administración autonómica a que establece “uns criterios”.

Ante a chegada dunha “cantidade importante de doses”, manifestou, así mesmo, que confían en que se organice “ben” a repartición de face a unha vacinación “masiva” para chegar “canto antes a esa cifra do 70%”, expuxo sobre os obxectivos fixados a este respecto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...