O Vencello celebrará os cen anos da primeira escola pública de Burela

A agrupación veciñal organizará o 21 de decembro unha mesa redonda para debater a evolución da educación

A pedagoga burelesa Rita Gradaílle. AXM

A asociación veciñal O Vencello celebrará o 21 de decembro unha mesa redonda para celebrar os cen anos de educación pública en Burela.

Con motivo do centenario neste 2018 da Escola Nacional de Burela, primeira escola pública, a agrupación reunirá a varias persoas no local da confraría de pescadores burelesa para debatir sobre a educación e a súa evolución desde entón.

O evento contará coa presenza da burelesa Rita Gradaílle Pernas, pedagoga da Universidade de Santiago de Compostela na facultade de Ciencias da Educación.

Herminia Pernas Oroza e Águeda Barcia Iravedra, ambas profesoras, disertarán xunto con Gradaílle sobre a evolución da educación e a influencia das mulleres no sistema educativo burelés.

CENTENARIO DAS ESCOLAS VELLAS, NO 2024

O Vencello avanza que se trata dun primeiro evento englobado nun programa de actos de celebración dos cen anos das escolas vellas, unha efeméride que se cumprirá no 2024.

A agrupación lembra que as escolas vellas foron “o inicio do gran despegue do sistema educativo en Burela, que tanto influíu na formación, evolución dunha gran cantidade de burelenses así como do desenvolvemento noso pobo”.

CEMITERIO

O colectivo critica o estado do cemiterio municipal, cun “mantemento bastante deficiente”, e solicita ao Concello o desenvolvemento da ordenanza municipal para a administración do camposanto da Puída, non só no tocante ás  taxas e exencións senón á posibilidade de xestionar os nichos en temas como aluguer, cenda ou cesión por parte dos adquirintes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here