Case 1.000 persoas de entre 50 e 59 anos chamadas a vacinarse en Burela este martes

Son case un terzo dos chamados en toda a provincia.

Vacinacións na residencia de Ribadeo. CEDIDA

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comeza este martes coas vacinacións masivas do grupo de idade comprendido entre 59 e 50 anos, unha vez que se concluíu a citación dos maiores de 60 en todas as áreas sanitarias. Realizáronse 35.000 citacións para esta xornada.

As previsións da área sanitaria de Lugo son iniciar as primeiras doses ao colectivo entre 59 e 50 anos, con 2.900 no Hospital Lucus Augusti de Lugo, 900 no Hospital de Burela e 600 en Monforte, un total de 4.400.

MAIORES DE 60

Pola súa banda, o informe actualizado do Ministerio de Sanidade –con datos deste domingo–, sinala que hai en Galicia 812.224 galegos maiores de 60 anos con, polo menos, unha dose, o que eleva a 93,3 por cento a poboación en parte inmunizada deste colectivo de maior risco.

Coa pauta completa están o 44,7 por cento, segundo leste mesmo informe, o que significa 389.351 persoas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here