IniciosociedadeMáis de 1.600 persoas de entre 50 e 59 anos serán vacinadas...

Máis de 1.600 persoas de entre 50 e 59 anos serán vacinadas esta semana na Mariña

Só unha porcentaxe pequena, que oscila entre o 10 e o 15% en función dos días non acude á vacinación. O Sergas di que se debe a despistes, principalmente. Pero logo volven ser chamados.

Publicada o

- Advertisement -

Segue a campaña de vacinación contra o Covid-19 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, onde finalizou practicamente a aplicación da primeira dose no colectivo de 70 a 79 anos de idade e o Sergas confía en terminar coa pauta completa -a aplicación das dúas doses- a semana que vén nese segmento de poboación.

Este xoves ten lugar a segunda xornada de vacinación das persoas de 50 a 59 anos idade e a xefa de Enfermaría na área sanitaria, María Jesús Pérez Taboada, confía en “terminar pronto” con ese grupo, porque inclúe “a moita xente que estaba en grupos de risco pola súa actividade profesional”.

Esta semana 8.150 persoas dese grupo de idade recibirán a vacina -5.400 na zona centro, 1.650 no Hospital dá Mariña e 1.100 no de Monforte de Lemos-. O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares tamén informou de que este luns finalizaba a vacinación do groso da poboación de entre 60 e 69 anos de idade.

VACINACIÓN MASIVA

unha porcentaxe pequena, que oscila entre o 10 e o 15% en función dos días, da xente citada para vacinarse na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos non acode na data indicada inicialmente polo Sergas para recibir a dose correspondente na campaña de inmunización contra o Covid-19.

María Jesús Pérez Taboada precisou que a porcentaxe de participación na campaña de vacinación está sendo alto na área sanitaria e a maioría da xente esta acudindo con normalidade ás súas citas. En declaracións á Cope precisou que só unha pequena porcentaxe das persoas citadas “non acode a esa citación, ás veces por descoidos, porque non viron a mensaxe ou porque non o recibiron.

“Por iso tentamos rescatalos”, dixo Pérez Taboada, de modo que o persoal de administración, ao comprobar na lista que non recibiron a dose que lles correspondía no día indicado, “volven chamalos”.  Neste caso, xa non lles chega unha mensaxe. “Chamámolos directamente por teléfono para comprobar se teñen algún problema que lles impida recibir a vacina ou acudir á cita”, suliñou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...